Dende o Grupo de Convivencia consideramos que todo o espazo do IES Castro Alobre teñen que ser lugares onde non haxa conflitos. Entre estes lugares encóntrase a cafetería do centro., lugar o que acoden moitos alumnos e alumnas de todos os cursos para tomar a súa merenda nos recreos. Ademais, é un espazo onde se poden expoñer traballos realizados polo alumnado do centro, xa que se pode dicir que é un gran escaparate por onde pasa moita xente do instituto e onde se poden visibilizar os debuxos, fotografías, esculturas..., realizadas por eles e elas.
A persoa encargada da cafetería, estableceu para servir a demanda do recreo un sistema de entrada e saída moi ordenada, onde o alumnado entra en fila, chega a barra, pide e sae por outro lado. Todo marcado con frechas e unha cinta que separa a entrada e a saída. Todo moi ben organizado pero as veces, aparecen alumnos ou alumnas que se queren saltar esta fila e chegar antes, empurrando ou saltándose a cola. E é nese momento onde intervimos dende Convivencia, Cando así o require a persoa encargada da cafetería, aparecemos no recreo e falamos con aqueles alumnos ou alumnas que non saben respectar as normas que hai.
Antes, había un profesor/a de garda que se encargaba de estar no recreo na cafetería para por orde. Dende Convivencia se considerou que non estaba ben que estivera unha persoa vixiando e que o mellor era concienciar ó alumnado para que eles e elas cumpriran as normas sen ter a ninguén que os vixiara.
Temos que dicir que funcionou, de feito son casos puntuais de alumnos e alumnas que nun momento determinado non cumpren ditas normas, e tamén hai que dicir que falando con eles e elas non se volve a repetir ese mal comportamento.
Como sempre mantemos o importante é educar en cumprir as normas
No hay comentarios:
Publicar un comentario