Comezamos un novo trimestre e facendo un balance do que foron os dous trimestres anteriores en canto o programa de Mediación, podemos dicir que os seus resultados foron moi satisfactorios.
O alumado que forma parte deste programa interveu en varias ocasións para resolver os conflitos que xurdiron entre alumnado do IES Castro Alobre, con bos resultados, xa que ditos conflitos desapareceron. Ademais, pouco a pouco o alumnado deste instituto é coñecedor de que existe a Mediación no IES e cando aparece algún problema entre eles, piden que sexan os mediadores e mediadoras do centro os que interveñan.
En total ata agora resolvéronse seis casos en Mediación. En todos eles houbo un seguimento posterior, cumpríndose o acordado en dita sesión.
Por iso, dende o Equipo de Convivencia queremos felicitar a todos os mediadores e mediadores que voluntariamente forman parte deste proxecto e que soamente escoitando e falando conseguiron que un problema que podía ser maior, acabara sendo resolto polo propio alumnado.
Ademais, neste curso o alumnado que forma parte do grupo de Mediación creceu, e alumnado de primeiro da ESO, apuntouse e están sendo formados para que en anos posteriores poidan tamén intervir en problemas que vaian aparecendo.
Dende o Equipo de Convivencia vamos a seguir apostando pola Mediación como método para a solución de conflitos
No hay comentarios:
Publicar un comentario