Esta semana fixemos unha actividade que non se pudo facer o curso pasado por culpa da pandemia, que é a titorización do alumnado de terceiro da ESO ao alumnado de primeiro da ESO.
En qué consiste dita actividade? Alumnos e alumnas de terceiro da ESO de forma voluntaria se apuntan a esta actividade, para convertirse en titores/as do alumnado de primeiro da ESO. O alumnado de primeiro non se presenta voluntario, cada un de el ou ela terán un titor ou titora do nivel superior
Cál é a finalidade de dita actividade? Queremos que o alumnado que xa leva varios anos no centro, se convertan en referentes para o novo alumnado do centro.
Levamos moitos anos facendo este programa con moi bos resultados, de feito grazas a esta titorización, descubrimos dende Convivencia casos de alumnado de primeiro que non estaba pasando ben por diversas razóns. Hai que ter en conta que alumnado de primeiro da ESO en moitas ocasións non se atrece a falar co seu titor-profesor/a e prefire falar cun compañeiro e contarlle os seus problemas.
Hai que salientar, a cantidade de alumnado de terceiro que se apuntou a este programa o que significa o éxito que está tendo.
O longo do curso irán facéndose actividades en conxunto para que se vaían coñecendo mellor.
Nesta ocasión decidimos facer un magosto e así puideron falar entre eles e elas e comenzaron a ter o primeiro contacto.
De momento o rsultado é satisfactorio, xa que moitos alumnos e alumnas dos diferentes niveis acércáronse a mim como organizador para manifestar a súa alegría por comezar con esta actividade que tanto desexaban
No hay comentarios:
Publicar un comentario