sábado, 20 de noviembre de 2021

A CAFETERIA DO IES CASTRO ALOBRE UN LUGAR DE CONVIVENCIA

Dende o Grupo de Convivencia consideramos que todo o espazo do IES Castro Alobre teñen que ser lugares onde non haxa conflitos. Entre estes lugares encóntrase a cafetería do centro., lugar o que acoden moitos alumnos e alumnas de todos os cursos para tomar a súa merenda nos recreos. Ademais, é un espazo onde se poden expoñer traballos realizados polo alumnado do centro, xa que se pode dicir que é un gran escaparate por onde pasa moita xente do instituto e onde se poden visibilizar os debuxos, fotografías, esculturas..., realizadas por eles e elas.

A persoa encargada da cafetería, estableceu para servir a demanda do recreo un sistema de entrada e saída moi ordenada, onde o alumnado entra en fila, chega a barra, pide e sae por outro lado. Todo marcado con frechas e unha cinta que separa a entrada e a saída. Todo moi ben organizado pero as veces, aparecen alumnos ou alumnas que se queren saltar esta fila e chegar antes, empurrando ou saltándose a cola. E é nese momento onde intervimos dende Convivencia, Cando así o require a persoa encargada da cafetería, aparecemos no recreo e falamos con aqueles alumnos ou alumnas que non saben respectar as normas que hai. 

Antes, había un profesor/a de garda que se encargaba de estar no recreo na cafetería para por orde. Dende Convivencia se considerou que non estaba ben que estivera unha persoa vixiando e que o mellor era concienciar ó alumnado para que eles e elas cumpriran as normas sen ter a ninguén que os vixiara.

Temos que dicir que funcionou, de feito son casos puntuais de alumnos e alumnas que nun momento determinado non cumpren ditas normas, e tamén hai que dicir que falando con eles e elas non se volve a repetir ese mal comportamento.

Como sempre mantemos o importante é educar en cumprir as normas


                       


domingo, 14 de noviembre de 2021

ALUMNADO DE TERCEIRO TITORANDO A ALUMNADO DE PRIMEIRO

Esta semana  fixemos unha actividade que non se pudo facer o curso pasado por culpa da pandemia, que é a titorización do alumnado de terceiro da ESO ao alumnado de primeiro da ESO.

En qué consiste dita actividade? Alumnos e alumnas de terceiro da ESO de forma voluntaria se apuntan a esta actividade, para convertirse en titores/as do alumnado de primeiro da ESO. O alumnado de primeiro non se presenta voluntario, cada un de el ou ela terán un titor ou titora do nivel superior

Cál é a finalidade de dita actividade? Queremos que o alumnado que xa leva varios anos no centro, se convertan en referentes para o novo alumnado do centro. 

Levamos moitos anos facendo este programa con moi bos resultados, de feito grazas a esta titorización, descubrimos dende Convivencia casos de alumnado de primeiro que non  estaba pasando ben por diversas razóns. Hai que ter en conta que alumnado de primeiro da ESO en moitas ocasións non se atrece a falar co seu titor-profesor/a e prefire falar cun compañeiro e contarlle os seus problemas.

Hai que salientar, a cantidade de alumnado de terceiro que se apuntou a este programa o que significa o éxito que está tendo.

O longo do curso irán facéndose actividades en conxunto para que se vaían coñecendo mellor.

Nesta ocasión decidimos facer un magosto e así puideron falar entre eles e elas e comenzaron a ter o primeiro contacto.

De momento o rsultado é satisfactorio, xa que moitos alumnos e alumnas dos diferentes niveis acércáronse a mim como organizador para manifestar a súa alegría por comezar con esta actividade que tanto desexaban