Chegamos ó final do curso 2020-21 marcado pola pandemia. Foi un curso complicado pero hai que salientar o gran comportamento do noso alumnado. Un ano marcado por unha serie de restricións que nos impediron dende a Dinamización de Convivencia realizar algunhas das actividades que soemos facer como é o caso da Titoria entre iguais que cursos pasados as realizamos con gran éxito. Non obstante, intentamos traballar pola Convivencia no centro e así conseguimos que se fixeran varias actuaciones importantes:
1. Fixemos dous concursos relacionados con COVID. Un deles consistía en que o alumnado mediante vídeos mostraran cales eran as normas COVIS máis importantes. Os gañadores fixeron vídeos fantásticos. O outro concurso iba dirixido a todos os grupos da ESO e consistía en saber que grupo era o que mellor cumpría ditas normas, sendo gañador o grupo de 3º ESO C
2. A Mediación é un programa moi importante no noso centro e estivemos formando a alumnado voluntario de 3º e 4º da ESO que xa están preparados para mediar no curso próximo. Curso no que pensamos formar a alumnado de 1º e 2º da ESO. Pero tamén quixemos ampliar a mediación a conflictos entre profesorado, facendo de mediadores ante algunha disputa que foi resolta favorablemente
3. Mantivemos reunións periódicas cos delegados e delegadas de todos os niveis para detectar algun problema na aula. Gracias a estas reunións descubrimos algún conflicto o que levou a intervención do Equipo de Convivencia para solucionalo
4. Creamos en todos os grupos alumnado de benvida, así acollían aquel alumnado que chegaba novo durante o curso. Ademais tamén tivemos un grupo de profesorado que se encargaba de acoller ó profesorado novo que chegaba
5. A coordinación co grupo de Igualdade do centro foi moi importante e de feito intervimos nalgunha clse onde se detectou actitudes machistas e homófobas
6. Neste curso organizamos charlas de sexualidade e un Taller de Educación Emocional para grupos da ESO que así o necesitaban
7. Colaboramos no Entroido, pensamos dende un principio que era moi importante organizar esta festa, xa que as aulas tiñan que poñerse de acordo para elexir unha temática, decorar a aula e facer un baile. Traballo en equipo, fundamental para a Convivencia
8. Colaboramos sempre en todas aquelas actividades que os distintos Departamentos facían e que solicitaban a nosa axuda, sempre en prol da Convivencia
9. Que o grupo de Convivencia funcionou neste curso se pode constatar en que en moitas ocasións profesorado ou alumnado acudia a xunto nos para solicitar axuda o para pedir consellos de como afrontar algun problema disciplinario
Queremos seguir facendo máis actividades o curso próximo porque sabemos que a Convivencia nun centro é fundamental. Tamén quería agradecer as persoas que participaron no Equipo de Convivencia e que forn fundamentais no desenrolo de todo o que fixemos: Mariola( a Directora), Damian, Marian e Xoan, grazas polo voso traballo
Agora toca descansar e pensar en novas ideas para o curso próximo.
Boas vacacións
No hay comentarios:
Publicar un comentario