miércoles, 17 de febrero de 2021

O ENTROIDO NO IES CASTRO ALOBRE

Cada ano, o IES Castro Alobre celebra o entroido. O venres anterior a esta festa, todos os grupos da ESO e Bacharelato se disfrazan e fan as súas actuacións diante do resto de compañeiros e compañeiras. Hai un xurado e da unha serie de premios as mellores actuacións. Todo isto se realiza no pavillón. Pero neste curso, debido a pandemia que estamos a sufrir, decidiuse que non se podía celebrar desta forma. Por iso, dende a Dinamización de Convivencia propuxemos que aínda que non se celebrase como outros anos, si que habería que facer algo, non podiamos deixar que pasase unha festa como esta sen celebrala. 

Despois de varios debates entre o profesorado que forma parte desta Convivencia concretamos que se poderían disfrazar por aulas. Cada grupo da ESO, elixiría unha temática e decoraría a súa aula como a porta de entrada. A última hora dese venres un xurado iría polas aulas e valoraría o traxe, a decoración e a actuación de cada grupo, dando os premios os mellores grupos. 

A verdade é que a iniciativa resultou un éxito, xa que conseguimos o que queriamos, por un lado un traballo en grupo, onde todo o alumnado da clase tiveron que poñerse de acordo en cal ía ser a temática, un traballo dos titores e titoras, xa que moitos deles e delas participaron cos seus grupos, incluso facendo bailes e actuacións. E conseguimos que ese día todos e todas esqueceramos por un momento a situación tan mala na que estamos vivindo. 

Ademais comprobamos que o alumnado necesitaba algo así, un día distinto, xa que o número de alumnado implicado foi superior a outros cursos.

A calidade tamén estivo presente e de feito o xurado o tivo bastante difícil e como mostra algunhas das portas decoradas polo alumnado


    








No hay comentarios:

Publicar un comentario