jueves, 14 de enero de 2021

COMENZAMOS UNHA NOVA ANDADURA

 A Dinamización de Convivencia do IES Castro Alobre inaugura este blog para mostrar nel todo o que se está a facer no IES Castro Alobre en materia de Convivencia. Levamos moitos anos traballando por un instituto onde o respeto, a tolerancia, a igualdade sexan os eixes fundamentais da Comunidade educativa.

Xa fai uns cantos anos que unha profesora do centro, María Buceta comenzou a traballar nesta Dinamización, sempre a carón de Carme Moure que era a Xefa de estudos e que despois se encargou de levar a Mediación do centro. Ambas profesoras mudaron de centro e foi a Orientadora Sonia Iglesias quen se encargou de levar a Dinamización no centro. Pero ela tamén cambiou de centro e a persoa que a sustituiu Graciela colleu encantada o testigo. Cando ela marchou foi Mariola a actual Directora a que aceptou dita Dinamización. Cando ela colleu a Dirección cedeu a outro profesor, Carlos Cid, esta responsabilidade que é o que segue actualmente

Todas estas persoas traballaron duramente para conseguir que  este centro sexa punteiro en toda Galicia tanto en temas de Convivencia como de Igualdade que nestes momentos leva Paloma García

No IES Castro Alobre temos programas de Mediación, levado pola Orientadora Marián, temos Aula de Convivencia, temos titores/as alumnos e alumnas de terceiro e cuarto da ESO que titorizan a alumnado de primeiro(este curso non se pode facer por temas COVID), facemos concursos, damos premios de Convivencia, charlas, alumnado de acollida e un longo etcétera.

Tamén queremos dar as grazas a todo o profesorado que durante todos estos anos participaron activamente coas propostas que dende a Dinamización de Convivencia se fixeron e tamén o alumnado que participou e participa nelas.

Hai moito traballo por diante, e a pesar desta pandemia que estamos sufrindo imos seguir loitando por un centro onde o respeto, a tolerancia e a igualdade sigan sendo os pilares do centro


No hay comentarios:

Publicar un comentario