Comezamos un novo curso e dende a Dinamización de Convivencia queremos por en marcha proxectos que non se puideron facer no curso anterior por culpa da pandemia.
O primeiro que fixemos foi constituír o novo grupo de Convivencia que neste curso está formado pola Directora Mariola Rodríguez, o novo xefe de estudos Carlos Pereira, a nova orientadora Clara Días, a profesora Carmen Sánchez e o profesor Ignacio Romero. Como Dinamizador de Convivencia continua Carlos Cid.
Nestas reunións abordamos a problemática dalgún alumno e establecemos as actividades que se van a realizar o longo do curso. A primeira delas vai ser a titorización por parte do alumnado de terceiro a alumnado de primeiro da ESO. Consideramos que o alumno/a de primeiro da ESO se ten un referente en terceiro da ESO que sexa o seu titor/a vai ser positivo para eles e elas. De feito foi unha actividade realizada en cursos anteriores que resultou moi ben.
Tamén consideramos importante formar a mediadores/as de primeiro e segundo da ESO. No curso pasado o fixemos con alumnado de terceiro e cuarto, de onde saron mediadores e mediadoras que poderán actuar neste curso.
Tamén seguiremos mantendo as reunións cos delegados/as e subdelegados/as de cada nivel para coñecer as problemáticas que poidan xurdir nas aulas.
Poremos en marcha a Aula de Convivencia para intervir naqueles casos en que a condcta do alumnado non sexa a correcta e tamén traballaremos as habilidades sociais no alumnado que teña problemas de relacións
Empezamos moi ilusionados e ilusionadas e desexamos un bo curso a toda a comunidade educativa